Colexio Bouza Brey - Año de la Energía Sostenible

ARTIGO: MERGÚLLATE NA CIENCIA.

O Colexio Bouza Brey de Vigo celebrou o pasado mes de novembro a VIII Semana das Ciencias con diversos actos para os distintos cursos do centro: unha proxección de Astronomía nun increible "iglú" de visionado de 360º para os tres niveis (Educación Infantil, Primaria e Secundaria), distintos experimentos no laboratorio, a festa dos froitos do outono para Infantil e o Magosto con saída ó parque do Vixiador, redaccións, debuxos e realización deste Blog http://cienciabouzabrey12.blogspot.com/ e como enlace na propia páxina Web do centro http://www.colexiobouzabrey.com/ na sección de Blogs e tamén no enlace: http://eventosbouzabrey.blogspot.com/.


Queremos resaltar a realización de debuxos pintados polos alumnos de Infantil e o póster da entrada realizado por alumnos de 1º da ESO que decoraron o centro, así como, agradecer a todos os alumnos a súa participación e axuda nas distintas actividades. Na celebración do concurso de xogos didácticos por niveis, os gañadores levaron un diploma de recordo.